Confurco
Xa vimos furco na entrada anterior e nel vimos moitas entradas confurco. De que poden ir os confurcos?
Os máis salientables,
- Read more about Confurco
- Log in to post comments
Xa vimos furco na entrada anterior e nel vimos moitas entradas confurco. De que poden ir os confurcos?
Os máis salientables,
Furco en galego significa substantivo masculino Medida de lonxitude equivalente á sexta parte da vara e que se corresponde coa distancia máxima existente entre o extremo do dedo polgar e do índice. Mercou unha peza de tea duns nove furcos.
Papoi é un castro e un lugar de Ferrol pero tamén haino en máis lugares.
Vin Boial nun letreiro de Leixa, en Ferrol. Na Galipedia non existe, pero no listado da toponimia si:
Morlán, é unha parroquia en Trazo.
Penso que todos os lectores de Celtia deberían saber traducilo, sen dificultade.
Mor significa grande
podemos velos nestes exemplos
big » Mór
blunderbuss » Mór
great » Mór e relacionados
add » Móide
Tamén pasei onte pola igrexa de Santiago de Paderne. Ía de modo automático, sen pensar na toponimia, pero ao chegar alí, e ver o que había tamén tiven un segundo Ajá! que citei na entrada anterior. Neste caso vou deixar en suspenso a tradución de Paderne, que me leva intrigando hai moitos anos. Porque no Algarve, en Portugal, no Sur de Portugal hai Paderne?
En realidade hai moitos Padernes en Galicia
O topónimo Paderne pode referirse a:
Eu coñezo o nome de Viós polo Instituto, IES de Viós. Supoño que participaría varias veces no Rally Matemático que levo case 30 anos organizando en Galicia.
Pero agora estamos falando de toponimia, está ben? está mal? Viós. En principio parece un nome grego mal escrito Bios, de Vida. Que é Viós? Había un ilustre experto galego da toponimia, do século XIX, que opinaba que a maioría dos topónimos raros galegos eran gregos.
Pero onte fun ata alí, pasei por Viós, para fotografar para novacarta.eu a igrexa de Viós.
Bascoi, Mesía é unha parroquia de Mesía
Poderemos traducila dividíndoa en bas, morte e coi
coi pode ser coip, ou coic (unha forma gramatical de coc) ou coim
Brais é un nome de home popular na actualidade en Galicia.