Braga

Submitted by admin on Thu, 05/31/2018 - 12:02

Braga é unha cidade moi importante na cultura da Gallaecia. Capital sueva de Galicia. Diócese Bracarense... e moi conectada a Lugo como outra das capitais da Gallaecia romana.

Imos deconstruír a palabra Braga supoñendo que sexa celta. Dixemos sempre que ese sufixo ga é un sufixo de propaganda. Está anunciando que aquí ocorre algo mencionable, destacable e ainda máis, nalgúns casos, vendible.

Briteiros

Submitted by admin on Thu, 05/31/2018 - 11:42

Briteiros  é unha citania xigantesca no norte de Portugal, na zona da Gallaecía, caracterizada pola fermosa "pedra formosa" ou pedra decorada na entrada dun baño de vapor celta (ao que había que entrar por un recuncho pequeno). A cultura do corpo, os baños deste tipo hainos en varios castros, moitos anos antes dos baños árabes de Córdoba (hai anos un maxistrado dicía que os andaluces eran mellores porque en Córdoba había baños cando no norte andabamos todos sucios). Un exemplo máis da administración e da cultura refinada dos celtas galegos.

Randín

Submitted by admin on Mon, 05/28/2018 - 19:47

RandínQue vemos na imaxe?  unha foto de Randín desde lonxe. Cal é o elemento que destaca na vila desde esa distancia?

Ese elemento que destaca desde lonxe non será o elemento que lle dá nome á vila?

Nome dado nun momento en que case todas as Bally de Galicia tiñan ese elemento de palla e en cambio en Randín tiñan un elemento máis moderno, máis nobre.