Vila Grande

Submitted by admin on Sun, 04/01/2018 - 12:37

Este é un apelido celta. Cal é? Despois de todo o que vimos ata agora  a pregunta está chupada. Non?

Esta pregunta admite unha resposta multilinguaxe, xa que vimos que orixinalmente Vila poidese ser Baile ou Bally, que convertida ao galego convértese en Vila, que convertida ao castelán convértese en Villa. Como ninguén ten idea de que significa a segunda parte da palabra- estritamente celta- ninguén fai o xogo de traducións para esa parte. Pero nos apelidos galegos hai versión galega e castelán da primeira parte da palabra.

Mosaico de vaca

Submitted by admin on Tue, 03/27/2018 - 10:02

Esta é unha pregunta fácil: hai un tipo de comida, propia do inverno e da neve que está feita (ao menos orixinalmente) con anacos de carne de  diversas partes do corpo da vaca ou das vacas. A esa mestura de diversas carnes do corpo de vaca os nosos devanceiros dironlle o fino n0me de mosaico. Pensaban en tres dimensións e falaban de mosaicos tridimensionais, non bidimensionais. A min gústanme eses mosaicos de vaca. E a tí?

Bally, Baile na, e Vila

Submitted by admin on Sat, 03/24/2018 - 22:14

"Bally é un prefixo extremadamente común aos nomes de cidades de Irlanda, e derívase da frase gaélica" Baile na ", que significa" lugar de ". Non é moi correcto traducir a" cidade de ", xa que había poucas, se algunha, cidades en Irlanda no momento en que se crearon estes nomes.".

Espasante, o espazo quente

Submitted by admin on Sat, 03/24/2018 - 18:47

A idea de que en celta galego a preocupaciòn pola calor é universal xa esá adiantada, xa está contada. Así que podemos poñer e poñeremos centos de exemplos adicionais como os xa postos, similares a eles. Un deles é Espasante, o espazo quente celta.

De paso, podemos ver que a nosa linguaxe celta galega xa medrou o suficiente para dicir algunhas frases:

Praia

Amigos

Quente

Grande

Liñaza

Rei

Raíña

Vaca

Vacas

Bolsa

Estrela

Morte

Malo, mala

moitos

riqueza

bo

Teis, é quente

Submitted by admin on Fri, 03/23/2018 - 17:51

Por unha banda, temos is, dicimos is como en inglés (unha das moitisimas palabras que son simultaneamente do  inglés e celtas galegas). Por outra, estamos nunha situación semellante á que explicamos en "quente aquí" un monte, o monte da Guía en Vigo, ampara dos ventos da ría de Vigo, dando lugar a un mellor clima, a unha situación máis quente. Na foto vemos o monte da Guía e a zona de Teis pola falda e detrás do monte, amparado por el.

Chichi e chicha é celta

Submitted by admin on Mon, 03/19/2018 - 17:48

Acabamos de ver no número ou artigo anterior que Dá Chich na Morrigna significa As dúas tetas da Morriña (a raíña Morrigan). Así que Chich é teta, seno. Imos ver en castelá, en América Latina, se lemos

http://www.asihablamos.com/word/palabra/Chichi.php

Non hai unanimidade en América Latina, pero ou ben ten contido sexual, ou ben significa muller, neno, ou ben é directamente  seno, teta:

En Córdoba, Arxentina, chica; en Bolivia, noiva, noutros países bebé ou noiva

Lugar quente: quente aquí

Submitted by admin on Mon, 03/19/2018 - 11:33

No celta galego (cuxa antiguidade remóntase moi lonxe no tempo) éxiste unha obsesión por sinalar os lugares quentes, os lugares abrigados, os lugares que serven de refuxios). Hoxe chegamos ao chalet en inverno e poñemos a calefacción ou o radiador (e as veces no verán). No seu momento era unha cuestión de supervivencia saber e dar a coñecer eses lugares. No mesmo nome advertías da oportunidade de refuxio.

Morriña

Submitted by admin on Sun, 03/18/2018 - 12:32

Morriña é unha palabra celta galega. Emparentada co apelido británico Morrison (fillo dun gran rei)  e con Morrigan,(gran raíña).

Morrigan coma un corvo de batalla
Morrigan coma un corvo de batalla

A wikipedia inglesa fala de morrigna (morriña)