Mens

Submitted by admin on Tue, 05/08/2018 - 16:05

Mens é un pequeno lugar cerca de Malpica. Unha das igrexas de Mens ten esculpidas sheela na gig...

A pregunta, tonta, que imos facer é que significa? Hai algo que sobra, seguramente engadido na Idade Media?

Desde logo, máis fácil non pode ser...

Home Deus

Submitted by admin on Tue, 05/08/2018 - 16:00

Home Deus, Home para deus, quizais home santo, é un lugar preto de Ferrol. Home dise como en inglés, man...

A estas alturas se non sabes responder a que lugar me estou a referir, desde logo non acadas o nivel de atención necesario... Vas ter que volver en setembro....

Nós temos homes

Submitted by admin on Tue, 05/08/2018 - 14:28

Ou ben nós somos os homes é a tradución dunha vila da provincia de Lugo ou un lugar da provincia de Pontevedra, polo menos. Homes aquí lese como en inglés, men. Como se di nós en celta? Pois xa sabes de que vila estamos a falar.

Ferrol é un heroe

Submitted by admin on Tue, 05/08/2018 - 14:02

Os libros de contos da toponimia falan dun Santo chamado Ferreol que veu aquí non se sabe cando a facer non se sabe que e que os ferroláns moi agradecidos puxéronlle  o seu nome a cidade.

En realidade Fer é home en celta antigo (fir é o plural no seu caso e temos exemplos) aínda que o home máis moderno é man e men (xustiño como o inglés, que casualidade!).

Canta a Deus

Submitted by admin on Tue, 05/08/2018 - 13:22

Unha moi pequena vila lucense e un apelido derivado dela cantan a Deus en celta. A palabra cantar exténdese por toda Galicia e ainda aparece en Asturias. Parece que un dos labores máis pracenteiros dos celtas galegos era cantar e, quizais, facer poemas para cantar.

Como non sabemos en que época está creada está palabra (se era xa no cristianismo sería canta a Deus, e se era moito tempo atrás podería ser aos deuses) non podemos deducir a tradución exacta. Canta a Deus sónanos ben aos nacidos no cristianismo, así que deixémolo así.

A arma estaba quente

Submitted by admin on Sun, 05/06/2018 - 11:35

Un castro ou citania portuguesa di esa frase, seguramente indicando que tiñan un lugar dentro do castro para facer armas de metal, unha ferrería. A Gallaecia chegaba ata o centro de Portugal e era unha parte fundamental e imprescindible do celta galego-portugués. Se miras os nomes das citanias do norte de Portugal poderás dicir o nome da citania, con facilidade, despois de ler todo o anterior.

Entender o seu nome permitirá que os expertos localicen a ferrería como un lugar distinto dentro da citania.

Amor quente ou moi preto?

Submitted by admin on Sat, 05/05/2018 - 10:48

Falando do castro e monte de Santa Tegra eu o escribo así de maneira incorrecta, segundo a normativa oficial. Se se referisen a unha santa eu non teño nada que dicir. Se se referisen a un topónimo pásame como a maioría dos galegos, que cambiamos Trega por Tegra. Mesmo a Xunta o facía así: Tores, Mónica: «Ni Tecla ni Tegra: Trega» La Voz de Galicia, 6/12/2011.

Pergameos aquí

Submitted by admin on Fri, 05/04/2018 - 03:10

Acabamos de falar dos selos e o seu papel administrativo na cultura celta galega. Pero os selos necesitan un lugar onde aplicarse. Os pergameos de coiro de vaca poderian ser un lugar factible. Habería toda unha industria de fabricación, tanto de selos, como de pergameos.

Así, que unha vila de Lugo anuncie, en celta, que podes mercar "pergameos aquí" non é nada extraño. Non todas as vilas tiñan os coñecementos necesarios para fabricalos. Nin a gran cantidade de vacas para soster a industria.

O selo da Lúa

Submitted by admin on Fri, 05/04/2018 - 02:43

Esta vila (do sur de Lugo)  tiña un selo en forma de Lúa, seguramente, de aí o seu nome. O papel dos selos na administración celta galega non é coñecida, pero debeu ser salientable. Parece ser que só eu observei que o triskel celta de ouro de Santa Tegra é un selo porque a súa figura é a simétrica da que debería ser e que ao impregnala en tinta e aplicala a un pergameo obtense a figura correcta. Pero agora o papel do selo vai máis aló ao observar na toponimia o número de vilas e concellos que falan do selo. En celta, claro.