Ibias

Submitted by admin on Fri, 02/21/2020 - 18:38

Ibias é un concello de Asturias, lindante coa Fonsagrada ou Negueira de Muñiz. Imos deconstruílo do celta:

i-en, Bia-alimentos e s-alguén pensou que era plural e  debería ter un s.

Nada en alimentos, ten alimentos, pode ser a tradución. Podedes dicir, pero iso non estaba asociado aos ríos?

Xustamente, alí teñen o río Ibias (ademais do concello) que é orixinalmente o que contiña alimentos.

Toirán

Submitted by admin on Wed, 02/19/2020 - 11:17

Toirán é tamén un apelido, pero, fundamentalmente unha parroquia Toirán, Láncara en Láncara.

Se continuamos o razonamento da entrada anterior (pode haber oscilación Toi/Tui nos topónimos celtas -sendo a mesma palabra, como a hai en goi e gui-  ) entón aceptaremos que o significado é tellados de palla nobres ou os máis nobres tellados de palla.

Viso

Submitted by admin on Sat, 02/15/2020 - 11:01

Esta entrada será moito máis discutida, posto que hai toda unha teoría en castelán e galego, acerca da súa procedencia do latín, como vista. Así google di "Voz patrimonial del latín visus ‘vista’, ‘cosa vista’, de donde ‘aspecto, apariencia’, significado que explica la mayoría de las acepciones modernas. De la familia etimológica de ver (V.)." E etimologías de Chile di que " VISO.

Visouteiro

Submitted by admin on Fri, 02/14/2020 - 19:19

Visouteiro é un lugar da parroquia de Leiro, Miño.

Por unha banda identificamos inmediatamente Vis como o mesmo Vis de Balbís ou Balvís, espiral, ou zigzag nun camiño empinado (bal). Só que agora xa estamos pasando á época do latín e bal é descoñecido. Sen embargo a xente xa sabe dicir o que lle corresponde en latín-galego, outeiro. Así que Visouteiro é o mesmo que Balvís, un camiño a un lugar outo seguindo unha espiral ou equivalente zig-zag.

Tuiriz

Submitted by admin on Tue, 02/11/2020 - 19:46

Hoxe seguimos a técnica xornalística, de descifrar palabras que aparecen nos xornais. Neste caso Tuiriz, en Pantón, da que se fai un artigo no El Progreso de hoxe.

A wikipedia galega fala de Toiriz, Pantón, sen embargo conta Francisco Albo (12 de maio de 2016). "Os de Tuiriz non queren ser de Toiriz". La Voz de Galicia.

Barán

Submitted by admin on Sun, 02/09/2020 - 22:57

Un dos lugares chamados Toimil está na parroquia de Barán en Paradela.

Que dicir de Barán? Que é moi fácil de traducir, non?

Nesta zona de Barán había un castro e como eran os do castro de Barán? Pois así:

 Eran nobres

Vexamos tres exemplos de ba: